Érmeste é un home que viviu toda a súa vida nunha aldea perdida no alto do monte cultivando a terra e criando gando, vivindo tal coma xa o fixeran todos os seus antepasados durante séculos, tiña unha cabana no alto do monte a cal fixera o seu tataravó coas súas propias mans. Certo día chegoulle unha carta comunicándolle que a súa casa e as súas terras serían expropiadas para facer as obras do AVE Ourense-Madrid, o goberno pagaríalle unha indemnización pero por moito diñeiro que lle pagasen non podería compensar a perda do seu modo de vida e da súa historia e a da súa familia, pero xa non había marcha atrás. Pagáronlle o diñeiro e botárono de mala maneira da súa casa, perdendo xunto a ela un anaco da historia de Galicia.domingo, 9 de marzo de 2014
PROGRESO SEN RETORNO
Érmeste é un home que viviu toda a súa vida nunha aldea perdida no alto do monte cultivando a terra e criando gando, vivindo tal coma xa o fixeran todos os seus antepasados durante séculos, tiña unha cabana no alto do monte a cal fixera o seu tataravó coas súas propias mans. Certo día chegoulle unha carta comunicándolle que a súa casa e as súas terras serían expropiadas para facer as obras do AVE Ourense-Madrid, o goberno pagaríalle unha indemnización pero por moito diñeiro que lle pagasen non podería compensar a perda do seu modo de vida e da súa historia e a da súa familia, pero xa non había marcha atrás. Pagáronlle o diñeiro e botárono de mala maneira da súa casa, perdendo xunto a ela un anaco da historia de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario